Comisións Obreiras reprocha a lentitude coa que se están a solucionar os problemas no Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez
A sección sindical de Comisións Obreiras na Deputación reprocha a lentitude coa que están a acometer as distintas reparacións pendentes de solucionar no colexio de Educación Infantil e Primaria da Cidade Infantil.
O secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Ramón Piñeiro, informou que a día de hoxe, reparáronse os problemas na calefacción e parte dos cristais das xanelas, pero lembra que "existen moitas outras obras imprescindibles e urxentes que non se iniciaron" e cita as "enormes deficiencias existentes" no tellado, sistema eléctrico e fontanería, vidreiras rotas, baños, cuberta e contorna do patio "que fan que a situación en que se atopan os nenos siga sendo inasumible".
Este sindicato esixe á Consellería de Educación e á Deputación "que tomen este asunto como algo prioritario e que se executen urxentemente todas as obras" xa que entenden que os traballos se iniciaron "avanzan a un ritmo incompatible coa existencia dunhas condicións normais de salubridade e seguridade dos menores".
Finalmente, José Ramón Piñeiro urxe que se convoque unha reunión entre responsables da Deputación, da consellería e Comisións Obreiras "para abordar este asunto e para tratar e acordar as obras para realizar e os seus prazos de execución sen máis demora".
Relacionadas:
-
A Deputación inicia a renovación da cuberta do patio de xogos do CEIP Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras pide "menos palabrería" e solucións para o CEIP Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación tende a man á Xunta para mellorar o colexio Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Educación solicita á Deputación que arranxe o edificio do colexio Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez |
-
Alertan do deplorable estado do colexio do Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |