Marin mellora o mercado municipal
Por Oskar Viéitez
O xefe territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial, visitou, en compaña da alcaldesa de Marín, María Ramallo, as obras de humanización realizadas na entorna do mercado municipal.
O obxectivo do convenio centrábase na mellora das infraestruturas do mercado municipal así como da sinaléctica comercial do entorno.
En total, a obra foi certificada por 43.034,60 euros e a axuda aportada pola Dirección Xeral de Comercio chegou ao 75% do montante total.
"O proxecto desenrolado, dentro dunha imaxe conxunta, identifica e resalta recursos ata agora pouco explotados, a través de placas identificativas e direccionais peonís", engadiu o xefe territorial de Industria.
"Estes traballos teñen como obxectivo a dinamización non só do propio mercado de abastos senón tamén das tendas e locais comerciais que o rodean. Tamén queremos dinamizalo e garantir a súa supervivencia e crecemento", asegurou pola súa banda a alcaldesa da localidade, María Ramallo, quen agradeceu a colaboración da Xunta neste senso.