O Museo acolle un acto de homenaxe á Declaración Universal dos Dereitos Humanos
Por Redacción
O Grupo de Acción de Amnistía Internacional Pontevedra e o Ateneo de Pontevedra organizaron este mércores un acto no Sexto Edificio do Museo para conmemorar o 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada pola asemblea das Nacionaes Unidas en Parín o 10 de decembro de 1948.
No acto participaron unha trintena de personalidades da sociedade civil pontevedresa, lendo un a un os 30 artigos que compoñen o texto aprobado pola ONU.
Tratábase con esta homenaxe de visibilizar a importancia do respecto e de conservar os dereitos dos seres humanos.
O acto contou coa colaboración da organización de discapacidade sensorial de Galicia (Xoga), para facelo accesible aos usuarios de lingua de signos.
Ademais Amnistía Internacional aproveitou a ocasión para recoller firmas para a campaña #PersonasXPersonas impulsada pola asociación a nivel estatal.