A Policía Local de Poio investiga dúas persoas por delito continuado de furto
Por Redacción
A Policía Local de Poio investiga a dous homes por presunto delito continuado de furto no municipio.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Local, no mes de novembro, un vixiante de seguridade do centro comercial A Barca alertou sobre un individuo que tentara levar unha tableta interactiva. Non era a primeira vez que o facía xa que con anterioridade, fora sorprendido polo vixiante cando tentaba levar outro dispositivo electrónico similar.
Os axentes municipais lograron identificar a este individuo pola comisión de dous presuntos delitos de furto, un en grao de tentativa e outro delito consumado.
Ademais, no mes de novembro e tras a entrega de tres carteiras no departamento de obxectos perdidos da Policía Local e ao requirir aos propietarios para facer entrega dos mesmos, todos informan que as billeteras foran subtraídas no interior do Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud, sito na Avenida de Andurique.
Uns días despois, outro cidadán acudiu nas dependencias da Policía Local para denunciar o furto de documentación, diñeiro e un teléfono móbil, no mesmo centro. O último furto denunciado tivo lugar no taller de mantemento deste o centro Quirón.
Finalmente a Policía Local conseguiu identificar o suposto ladrón, ao que lle imputan cinco furtos diferentes.