Stock Pontevedra abrirá febreiro con grandes descontos e produtos de oportunidade
Por Redacción
A décimo cuarta edición da feira Stock Pontevedra, organizada pola asociación de comerciantes Zona Monumental e Aempe, xa ten data. Celebrarase os días 1, 2 e 3 de febreiro no Recinto Feiral de Pontevedra.
Un ano máis, este lugar converterase nun gran centro comercial de 4.500 metros cadrados de exposición, nos que o público atopará grandes descontos, oportunidades e ofertas especiais nunha ampla gama de produtos.
Stock Pontevedra é a única feira que se realiza na cidade para que todos os comerciantes poidan liquidar stocks das últimas campañas e que permite, se o seu establecemento non lle permite levar a cabo unha campaña de rebaixas, facer fronte aos descontos das grandes superficies comerciais.
Os organizadores abriron o prazo para que todos os interesados poidan solicitar participar na feira. Todo comerciante que desexe participar ou recibir máis información pode solicitala na oficina de Zona Monumental, na rúa Serra nº 1 baixo, no teléfono 685896569 ou no correo electrónico info@ccuzonamonumental.es.
Para iso, establécese como requisito ter unha tenda aberta ao público, estar dado de alta nos correspondentes censos e impostos de actividades económicas e poñer á venda os produtos propios dos seus establecementos, quedando á súa elección a porcentaxe de desconto ou oferta que quere aplicar.
Os asociados a Zona Monumental e Aempe terán un 25% de desconto.
Relacionadas:
-
Stock Pontevedra abre as súas portas como "un escaparate" do comercio local
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Stock Pontevedra conta as horas para dar inicio a unha nova edición
Por Redacción |
-
Últimos stands dispoñibles para Stock Pontevedra, a feira de oportunidades
Por Redacción |
-
As rebaixas de xaneiro xa non son o que eran
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
As ETT prevén 2.650 contratacións na provincia para as rebaixas de xaneiro
Por Redacción |
-
Alta asistencia á feira de oportunidades Stock Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Stock Pontevedra, unha cita coas rebaixas para tirar a casa pola xanela
Por Gabriela Varela Asorey & Natalia Puga |