O delegado de Educación presionará para que se retire o transformador do colexio de Barcelos
Por Anxo Lourido
César Pérez Ares, xefe territorial de Educación, acudía este mércores 12 ata as instalacións do colexio Barcelos para felicitar tanto ao equipo de dirección do centro como a ANPA e as nais que protagonizaban a concentración durante a tarde noite deste martes para evitar que se instalase o novo transformador no interior do recinto.
"Agradezo ao equipo directivo e á ANPA pola súa actitude, por defender os seus fillos porque ninguén pode garantir que non se poidan producir situacións máis graves", sinalaba Pérez Ares tras o encontro con familiares de escolares do centro ás portas do colexio.
O responsable de Educación tamén escoitou as críticas de Sonia Canay, presidenta da ANPA, cara a Xunta de Galicia. Indicou que en diversas ocasións solicitaran á Consellería de Industria un control da instalación eléctrica sen que esta revisión chegara a efectuarse. En todo caso, César Pérez Ares comprometeuse a enviar un escrito esta mesma semana ao Concello de Pontevedra, á compañía eléctrica e á Consellería de Industria para que axilicen os trámites que permitan retirar o transformador desta ubicación.
"Non pasou nada pero nada garantiza que non poida pasar no futuro", alertou Pérez Ares sinalando que esta instalación hai máis de trinta anos tiña un uso e que, na actualidade, as cargas de conexión á rede multiplicáronse polo aumento, entre outras causas, de establecementos comerciais, calefaccións eléctricas e alumeado. Por iso, entende que é necesario buscarlle unha nova localización.
Pola súa parte, desde o colectivo de nais sinalaron que van dar unha marxe de tempo para comprobar que se adoptan decisións administrativas ao respecto. Reclaman, ademais, unha revisión intensa do novo transformador instalado durante a pasada noite no interior do recinto escolar.
Relacionadas:
-
A Xunta deixa nas mans de Fenosa e o Concello trasladar o transformador de Barcelos
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen á Xunta a retirada do transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción |
-
Entregan un escrito en Naturgy esixindo compromiso na retirada do transformador eléctrico do colexio de Barcelos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Fenosa acepta iniciar os trámites para resituar o transformador de Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Así impediron as nais a instalación dun novo transformador no colexio Barcelos
Por Mónica Patxot |
-
Catro horas de peche no colexio de Barcelos para esixir a retirada do transformador
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
VIDEO.- Desaloxan o colexio de Barcelos por un incendio no transformador
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |