O Concello presenta os espazos de estacionamento de vehículos na rúa Cruz Vermella
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, mantivo esta tarde unha reunión cos comerciantes da rúa Cruz Vermella para presentarlles o sistema de estacionamento que está previsto na rúa e nos seus arredores, logo de que remate a obra de reurbanización, que será a finais deste mes.
Está previsto que a rúa Cruz Vermella se creen prazas de mobilidade de reducida, espazos de servizos e tamén de carga e descarga.
Nas rúas Salustiano Portela Pazos e en Álvaro Cunqueiro crearanse prazas de servizos e finalmente en Padre Gaite, ademais de dúas prazas para mobilidade reducida, o resto de estacionamentos estarán reservados para Cruz Vermella.
Os comerciantes solicitaron un espazo de estacionamento de motocicletas que xa foi acordado na propia reunión.