Catro horas de peche no colexio de Barcelos para esixir a retirada do transformador
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Nun acto de protesta espontáneo, a comunidade escolar do colexio de Barcelos encerrouse no centro escolar para impedir a instalación dun novo transformador ata que as institucións se comprometan á súa retirada efectiva.
A petición expresa do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, o delegado territorial de Fenosa para a provincia desprazouse ao colexio de Barcelos. Lores pediulle que coñecera de primeira man o ocorrido e que buscase unha ubicación alternativa para o transformador.
O peche prolongouse durante catro horas ata que, preto das dez da noite, alcanzábase un acordo verbal co xefe territorial de Fenosa, Francisco Ramos, en virtude do cal permitirían o paso dos operarios co compromiso de que o transformador será trasladado en canto sexa posible. Mentres tanto será obxecto de revisión semanalmente durante o próximo mes e medio.
Posteriormente o equipo será inspeccionado con maior periodicidade do que se estaba facendo ata agora.
Ademas o alcalde trasladou por teléfono aos pais que o concello trasladará mañá por escrito a súa queixa á empresa, e esixirá responsabilidades tanto a Fenosa como á Consellería de Industria por ter unha instalación tan sensible nesta localización.
O incendio deste equipamento da empresa Unión Fenosa, agora Naturgy, foi unha chamada de atención para as familias dos máis de 400 escolares do CEIP de Barcelos. Tal e como asegurou a presidenta da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA), Sonia Canay, afortunadamente hoxe só foi un susto pero debe servir de advertencia para o futuro.
A xefa de estudos e actual directora en funcións deste colexio, Cristina Barreiro, explicou que "lo que quieren los padres es un compromiso por parte de la empresa y del Concello de que esto va a desaparecer del centro". Tamén lamentou que nin durante o incendio, nin despois na protesta "no he visto a nadie del Concello acompañándonos".
Por parte do gabinete de comunicación do Concello matizan isto, asegurando que "desde o primeiro momento" o Concello, a través da Alcaldía e dos departamentos de Educación e de Seguridade Cidadá, estivo en contacto coa comunidade escolar para coñecer cal era a situación dos escolares e do profesorado que estaban no centro no momento en que se produciron os feitos; "e desde ese momento está en contacto coa empresa propietaria do transformador para que dea unha solución definitiva ao problema que viven".
A situación que se viviu durante a tarde era da un grupo de familias do colexio de Barcelos tratando de impedir que se perpetúe a presenza deste transformador que levan anos pedindo que se retire.
Así, José Benito Rey, primeiro director do colexio, lembrou que o 8 de outubro do ano 1984 inaugurouse este CEIP "y ya a los diez días se reclamó por carta al Concello y a la Delegación de Educación que retirase el transformador del recinto escolar. Ya de aquella no hubo contestación".
"El peligro sigue estando ahí 34 años después", apostilou a actual directora.
A presidenta do ANPA lembrou que o goberno local comprometeuse no seu día a negociar con Fenosa a súa retirada do recinto escolar aproveitando a reforma da rúa do Rouco onde iría soterrado.
Con todo, a concelleira do Partido Popular, María José Rodríguez Teso, e representante do Concello no consello escolar do centro acusou ao goberno local do BNG de non mover "nin un dedo" ao longo de todos os seus mandatos. Apuntou que o último escrito solicitando que se retire o transformador é do martes pasado e preguntou "¿Vamos a esperar a que pase algo que no tenga solución?".
Finalmente desde o Concello "espérase que este sexa o último incidente que se rexistrou neste transformador e manterase vixiante e en constante reivindicación, como vén facendo desde anos atrás, para que se retire do centro de ensino".
Relacionadas:
-
Entregan un escrito en Naturgy esixindo compromiso na retirada do transformador eléctrico do colexio de Barcelos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O delegado de Educación presionará para que se retire o transformador do colexio de Barcelos
Por Anxo Lourido |
-
Fenosa acepta iniciar os trámites para resituar o transformador de Barcelos
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Así impediron as nais a instalación dun novo transformador no colexio Barcelos
Por Mónica Patxot |
-
VIDEO.- Desaloxan o colexio de Barcelos por un incendio no transformador
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |