O tren volve a Marín... por Nadal
Por Redacción
Máis de mil escolares serán os primeiros en gozar durante os vindeiros días dunha viaxe no tren turístico que percorrerá Marín para amosar os diferentes puntos da vila.
O Concello sinala que, como xa é habitual, este vehículo regresa durante as festas de Nadal ao municipio. Estudantes dos distintos centros educativos de infantil e primaria participarán este ano desta iniciativa, ao igual que persoas maiores, que realizan actividades nos centros de día Saraiva e Salma.
Este mércores comeza o colexio do Carballal con esta actividade. Durante os seguintes días tamén participarán os estudantes de San Narciso e Nosa Señora do Carme.
A partir do luns 17, os centros que realizarán o percorrido serán o colexio A Laxe, o Sequelo, o Grupo e Ardán, o de Seixo e A Inmaculada.
Durante o venres 14, o tren permanecerá na Alameda para que todas as persoas que o desexen poidan realizar a ruta. O horario será de 17.00 a 21.00 horas. Tamén estará dispoñible o sábado 15 e o domingo 16, o horario para utilizar o tren será de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.
A partir do día 21. cando se inaugure a carpa de actividades infantís, o tren realizará viaxes entre as 12.00 e as 14.00 e as 17.00 e as 21.00 horas, ata o 5 de xaneiro.