Unha rampla para público de todas as idades proxecta unha chea de actividades para este Nadal
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A praza de España acolle a instalación dunha lanzadeira en que a través dun inflable tanto escolares como adultos poderán lanzarse e divertirse durante os vindeiros días. Trátase dunha das actividades da proposta 'Xogamos na rúa', dentro das novidades da programación para as Festas do Nadal, que era presentada este martes pola concelleira Carme da Silva.
Nesta ocasión tamén se establecerá unha tirolina na Alameda e se desenvolverán obradoiros infantís nas Galerías da Oliva, un escenario que contará con moita actividade durante estas festas porque acollerá o mercado tradicional da Sétima Feira, aproveitando que o primeiro andar do mercado de abastos vai estar en obras durante as vindeiras semanas.
Con este traslado quérese reforzar a actividade comercial na contorna da Oliva, indicou a responsable municipal de Festas. Tamén se abrirá a carpa do mercado de artesanía na praza do Teucro, que organiza a Zona Monumental e que contará con novidades nesta edición, segundo avanzou a concelleira.
Carme da Silva indicou que para participar en todas as iniciativas só é necesario presentar un ticket de compra realizado nun establecemento de Pontevedra por calquera cuantía económica.
Apuntou tamén que Maravallada realizará cantos na taberna o 21 de decembro, a asociación Trepia presentará as súas danzas de Reis o sábado 22, dous días antes da presenza de Papá Noel pola Zona Monumental e o 4 de xaneiro chegarán os "cantos de Reis" cos Chichisos.
Da Silva sinalou tamén que unha das grandes novidades da programación será a proxección durante os sábados 22 e 29 de decembro, ademais do venres 4 de xaneiro de "cinema clandestino". Trátase de proxectar unha serie de títulos, aínda por desvelar, en contornas adecuados nos que tamén se realizará unha pequena recreacón de escenas da película. A concelleira utilizou como exemplo 'Grease', "onde credes que se podería proxectar?".
Tamén adelantou que os xardíns de San Francisco contarán cunha sorpresa que se amosará nos vindeiros días e que suporán un obxectivo romántico para sacar as persoas que se pasen por alí. "O romanticismo e o Nadal van unidos", apuntou Carme da Silva.
As festas rematarán coa tradicional cabalgata de Reis durante a tarde do 5 de xaneiro.
Relacionadas:
-
O Concello estuda que as actividades de lecer infantil de Nadal tamén cheguen aos barrios
Por Redacción |
-
Que fai un Santa Claus alcoholizado levando público ata as galerías da Oliva?
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Xa abriu o mercadillo da praza do Teucro con 32 artesáns
Por Oskar Viéitez |
-
Así felicita Pontevedra o Nadal
Por Redacción |
-
O banco "máis amoroso" do Nadal está en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
VIDEO.- Lores, costa abaixo e sen freos... polo Nadal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP critica a carencia de iluminación do Nadal nos barrios e parroquias
Por Redacción |
-
Pontevedra estrea iluminación para este Nadal entre paraugas
Por Redacción |
-
A árbore de Nadal da Ferrería ten moi boa pinta
Por Oskar Viéitez |