Antonio Casal (ENCE): "Quien diga que no podemos desarrollar una gestión sostenible de la Ría, se equivoca"

Por Alejandro Espiño
A presentación dunha regata de barcos clásicos en Marín foi o lugar elixido por Ence para facer unha nova declaración pública de intereses. O director da fábrica de Lourizán, Antonio Casal, dirixiuse expresamente a aqueles que dubidan sobre a permanencia da pasteira máis aló do 2018, ano no que caduca a súa concesión. A eles díxolles que a empresa é capaz de facer unha xestión sostenible da súa contorna.
"Desde Ence vamos a seguir trabajando por una Ría que cree más riqueza y empleo a partir de algo que resulta innegociable porque es la base de todo: la sostenibilidad de los ecosistemas de la Ría", indicou Antonio Casal. "¿Quién dice que los gallegos no podemos hacerlo? ¿Quién dice que en Marín y en los municipios de la Ría no somos capaces de desarrollar una gestión multifuncional y sostenible de la Ría?"
"Quien lo diga, se equivoca. Sí que podemos. Podemos hacer grandes cosas", insistiu o directivo da pasteira, que destacou a Ence, xunto á Escola Naval e o Porto de Marín, como un dos alicerces da economía da comarca. Asegurou que o ano pasado, desde o Porto de Marín, saíron dous barcos cada semana con destino ao norte de Europa para exportar a pasta que produce a empresa en Lourizán. Foron un total de 109 barcos.
Neste sentido, Casal explicou que en Ence "tenemos dos cosas muy claras". Por unha banda, dixo, que todo o que se faga na Ría "debe basarse en parámetros de sostenibilidad y conservación". E, por outra banda, "que la Ría puede crear más riqueza y que todos debemos trabajar para ello".
Sinalou que o marisqueo e a acuicultura, as actividades portuarias, e o tecido industrial e comercial relacionado con elas están entre as principais fontes de riqueza da comarca. "Y también, por supuesto, el turismo, el deporte y las actividades náuticas", afirmou, tras o cal recordou que o ano pasado Ence comezou a colaborar co desenvolvemento deste tipo de actividades. "Aquí estamos y seguiremos estando".