Os alumnos pontevedreses celebran os dereitos humanos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
As escolas asociadas á Unesco celebraron este luns no Pazo da Cultura un acto de conmemoración do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
O alcalde de Pontevedra, a subdelegada do Goberno, a deputada de Cohesión Social e Xuventude, a comisaria provincial da Policía Nacional ou director xeral de Centros da Xunta foron dando lectura a diferentes artigos deste documento histórico que guía o pensamento e a acción de todo o sistema das Nacións Unidas.
Pero o protagonismo principal tívoo o alumnado dos diferentes colexios que subiron ao escenario para mostrar o traballo que levaron a cabo nas aulas.
Leron poesía, interpretado cancións ou escenificado as súas propias reflexións nunha oportunidade especial para reafirmar os dereitos inalienables aos que todo ser humano ten dereito.
O alumnado compartiu as súas reflexións e discusións sobre como cada un pode defender os dereitos, cotidianamente e en todo o mundo.