Marta Gómez e Jorge Vilariño, novos responsables de Galiza Nova na comarca
Por Redacción
Galiza Nova elixiu novos responsables para a organización comarcal de Pontevedra.
Trátase de Marta Gómez e Jorge Vilariño, segundo estableceu a asemblea comarcal da organización xuvenil nacionalista celebrada o pasado sábado 8 de decembro.
Ambos os dous serán a cara visible de Galiza Nova en Pontevedra durante os dous próximos anos.
"Temos unhas eleccións en poucos meses nas que nós, como mocidade, xogaremos un papel esencial e axudaremos ao BNG a ter os mellores resultados", sinalou Marta Gómez, que desde xullo xa ostentaba a responsabilidade de ser representante do colectivo.
Jorge Vilariño avanzou pola súa banda que "unha das primeiras accións que levaremos a cabo vai ser un coloquio no que falaremos do auxe do fascismo".