Provoca un accidente contra un autobús na Avenida de Lugo e dá positivo por alcoholemia
Por Redacción
Un turismo e un autobús protagonizaron un accidente de circulación na Avenida de Lugo a última hora do sábado.
O suceso produciuse ao redor das 21:00 horas da noite xunto á rotonda que comunica esta rúa con Loureiro Crespo.
Segundo explicou a Policía Local, foi a condutora do coche a que invadiu o carril contrario e golpeou ao autocar.
A muller foi sometida posteriormente á proba de alcoholemia, excendendo en máis de tres veces a taxa máxima permitida, con 0,86.
A rúa permaneceu cortada durante varias horas ao ser necesario realizar unha limpeza do viario.