A rúa José del Río estrea imaxe
Por Redacción
Despois de varios meses de obras, a rúa José del Río en Marín xa pode presumir de nova imaxe, a falta só de pequenos detalles para que se dean por finalizados os traballos.
Segundo explicou o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, o vindeiro luns 10 de decembro procederase ao pintado da sinalización horizontal, e os seguintes días realizaranse pequenos remates e unha limpeza antes da súa inauguración oficial, prevista para e venres 14.
As obras en José del Río comezaron o pasado mes de agosto cun orzamento de máis de 240.000 euros froito dun convenio de colaboración entre Deputación e Concello de Marín.
A rúa pasou a ter beirarrúas de 2,5 metros de ancho. Ademais construíuse unha pasarela peonil sobre o río Lameira e renovouse o saneamento.
A actuación completouse coa instalación de pasos de peóns elevados, novo mobiliario urbano e renovación da iluminación pública.