Finalizada a obra de seguridade viaria de Catadoiro a Arra
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo informou que vén de rematar a obra de seguridade no vial que une Catadoiro e Arra.
O viario presentaba un alto tránsito rodado e carece de beirarrúas, así como de espazos físicos para o paso peonil.
Ademais, a sinalización horizontal existente estaba bastante deteriorada e a vertical considerábase insuficiente. É por iso que se redactou un proxecto de mellora da seguridade viaria cun orzamento de 25.900 euros, que fueron financiados con cargo ao remanente do Plan Concellos 2016.
Este proxecto incluiu a limpeza de marxes e beiravías, a instalación de drenaxes e reductores de velocidade, tipo "lombos", así como a sinalización horizontal e vertical.