UXT aplaude a "profesionalidade" do persoal de Ence no incendio
Por Oskar Viéitez
O responsable provincial do Sindicato de Seguridade Privada e Servizos Auxiliares de UXT, Delmiro Álvarez, referiuse nun comunicado ao incendio sufrido pola empresa ENCE o pasado mércores para aplaudir "a gran profesionalidade do persoal interno da factoría, do mesmo xeito que o das empresas auxiliares que nela traballan".
Desde a UXT destacaron a "rápida intervención" do persoal da fábrica que logrou que todo quedara en danos materiais limitados a unha torre de refrixeración en desuso.
Este sindicato pon en valor o "capital humano do persoal que presta os seus servizos nesta fábrica", e en especial dos vixiantes de seguridade e servizos auxiliares, xa que pola súa actuación neste incidente, "demostraron a formación e gran profesionalidade que teñen".
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Un incendio aparatoso, pero de consecuencias menores
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Concello paralizará as obras de ENCE nas que se produciu o incendio por carecer de licenza
Por Oskar Viéitez |
-
Alarma en Pontevedra por un incendio na fábrica de ENCE en Lourizán
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada