As tapas convértense en protagonistas nas noites de venres en Ponte Caldelas
Por Redacción
Todo listo en Ponte Caldelas para comezar a gozar das mellores tapas. Bota a andar na noite de mañá venres o concurso "Caldelas Tapas Quentes", que organiza o Concello coa colaboración da hostalería local.
Esta terceira edición do certame gastronómico de inverno presenta once propostas nas que os sabores do mar asumen o protagonismo, pero sen renunciar ao acento da emigración. Cada tapa, incluída a bebida, sérvese ao prezo de 2,50 euros, unha fórmula de éxito que xa ten demostrado o seu poder de atracción para a veciñanza de toda a bisbarra.
Así que durante as noites de venres será unha oportunidade única para facela ruta polo Bar Parada (Potaxe mariñeiro), Cervecería Alameda (Esencia do Alameda), La Tribu (Frijoles charros), O´Recanto (Bocado canario), Tapería Victoria (Victoria), Restaurante 501 (Crema de rebozuelos con marisco y algas kombu), bar Bora Río (Marisco de cortello), albergue Jamarte (Cesto marinero), Verdugolandia (Cazuelita de alubias con coliflor y gambas), Asador del Chavo (Risotto de setas y gambas) e Pastelería Acuña (Tosta serrana).
O goberno local apostou durante este mandato pola colaboración co sector hostaleiro, presente en moitas das actividades municipais. O concurso de tapas de decembro xa alcanzou a cifra de 4.000 unidades vendidas na edición do pasado ano.
O gañador do concurso sae da cata realizada por un xurado profesional, que este ano estivo formado polo cociñeiro estrela Michelín Pepe Vieira e a reposteira e organizadora de eventos local Conchi Amoedo. A valoración xa foi realizada en días pasados e o veredicto quedou depositado nun sobre lacrado que non se abrirá ata o próximo mes de xaneiro.
Relacionadas:
-
Unha reinterpretación da bullabesa marsellesa triunfa no Caldelas Tapas
Por Redacción |
-
O albergue Jamarte vence no concurso de tapas de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas prende a súa iluminación de Nadal
Por Redacción |
-
O Concello e os comerciantes de Ponte Caldelas reeditan a súa colaboración
Por Redacción |