Sanxenxo acenderá a iluminación do Nadal o vindeiro sábado
Por Redacción
O vindeiro sábado día 8 terá lugar o encendido da iluminación ornamental de Nadal, que estará instalado con motivo destas festas en diferentes lugares do municipio de Sanxenxo.
A iluminación estenderase ata o 7 de xaneiro, en horario de 18.00 a 2.00 horas cada día.
Sanxenxo investirá este ano 83.000 euros na a súa iluminación, o que supón máis do dobre que o ano 2017, no que se investiron 40.500 euros. Dos 140 motivos do Nadal que iluminaron as rúas o pasado 2017 este ano instalaranse un total de 335, notándose este incremento nas sete parroquias do Concello.
Hai un reforzo de iluminación que contempla novidades en zonas que ata agora non se iluminaban, como as estradas EP-9213 (Dorrón), EP-9202 (Bordóns), PO-308 e PO-504.
Preténdese iluminar todas as vías que unen cada rotonda, conseguindo así un efecto de iluminación que abarca máis distancia.
TRASNO FANTÁSTICO
Ademais, con motivo do Nadal, a Concellería de Educación, Cultura e Xuventude propón aos centros educativos e escolas infantís a actividade denominada "O Trasno Fantástico", un conto acompañado dunha representación do seu protagonista.