Xoguetes igualitarios para 'xogar sen fendas'
Por Redacción
Por cuarto ano consecutivo, a Deputación de Pontevedra impulsará para estas festas a promoción para adquirir xoguetes de tipo igualitario. Baixo o título 'Xogar sen fendas', a iniciativa busca romper cos estereotipos das ciencias, centrando a imaxe en nenas que xogan con coches, e robots, que se moven manexando átomos ou fórmulas matemáticas.
Carmela Silva, presidenta da Deputación, sinalaba que a porcentaxe de matrícula de mulleres en carreiras científicas e tecnoloxías redúcese cada ano e se as mulleres quedan fóra deste ámbito tamén se manterán no futuro.
Con esta campaña búscase romper coa greta existen na ciencia entre mulleres e homes, que comeza cos primeiros xogos e continúa a través da influencia da reprodución de roles de xénero.
Silva afirmou que con esta proposta permítese visibilizar que as nenas tamén poden ser científicas, astronautas, técnicas especializadas en robótica ou en aeronáutica.