O Grove recibe fondos para reparar a cuberta do Club de Deportes Náuticos
Por Redacción
A Deputación aprobou, mediante unha resolución presidencial, un novo investimento a O Grove ao abeiro do Plan Concellos por un total de 41.156,64 euros.
Trátase dunha axuda que se destinará á reparación da cuberta do Club de Deportes Náuticos.
O goberno provincial, a través do plan, xa adxudicou outras axudas para o municipio, coas que puido financiar o comedor do CEIP Rosalía de Castro; a actuación integral de seguridade viaria e mobilidade sostible na estrada provincial EP 9106, dende EP 9101 á Igrexa San Vicente; o auditorio e escola de música; os vestiarios para a instalación de padel; a reforma de instalacións do concello e edificio administrativo; a accesibilidade da casa da cultura; e a adecuación de escola infantil para ludoteca de maiores, entre outros investimentos.
Este ano a Deputación puxo a disposición do Grove, a través do Plan Concellos, un total de 1,3 millóns de euros, un 76,18 % máis que en 2017.