Queres ser cómplice na campaña 'EnVolve' para que ningún menor quede sen agasallo en Reis?
Por Redacción
Un ano máis, a Redeaxuda do Concello de Pontevedra pon en marcha a campaña (En)Volve, unha iniciativa que pretende que ningún menor quede sen agasallo nestas festas de Nadal.
Para poder participar é necesario comprometerse a ser cómplice cubrindo esta ficha. Despois, as persoas que se teñan apuntado entregarán un agasallo cun importe máximo de 35 euros que apareza na carta que reciba dos escolares que se atopan neste programa de axuda a familias con escasos recursos económicos.
As persoas cómplices recibirán durante os vindeiros días por WhatsApp ou de forma presencial unha carta con tres desexos, e deberán decidir, entre as opcións, o agasallo que realizarán aos pequenos de cara á celebración do día de Reis.
Entre o 10 e o 28 de decembro na Casa Azul, situada na rúa Sor Lucía número 2, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas, de luns a venres, agás os días 24 e 31 de decembro pola tarde.
Os teléfonos de contacto para máis información son 604.024.103 e 678.754.933.