A Xunta convoca novos permisos para marisqueo a pé nas confrarías de Vilaboa e O Grove
Por Redacción
A Consellería do Mar convoca catro novos permisos de explotación para marisqueo a pé nas confrarías de pescadores de Vilaboa (4) e do Grove (35).
Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos que regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira.
Ademais, deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da consellería.