O consumo caerá un 8% este Nadal na comarca de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Cada habitante da comarca de Pontevedra, segundo o estudo realizado pola Federación Provincial de Comercio, vai gastar 368,46 euros de media, un 8% menos que no ano 2017 durante as festas. No municipio de Pontevedra o gasto por habitante é de 408,76 euros, sumando un global de 33,6 millóns de euros.
Esta patronal asegura que o consumo caerá este Nadal na comarca de Pontevedra. Este descenso no gasto estimado previsto débese, segundo argumenta a Federación, "a que a xente xa adianta os seus gastos do Nadal na campaña importada do Black Friday", restando gastos na chamada campaña de Nadal.
Segundo este estudo, as maiores porcentaxes de gastos lévaos os dedicados a agasallos e alimentación, cun 39%e 32% respectivamente, gástase menos en Lotería de Nadal e do Neno, así como en celebracións como Aninovo e Reis é dicir un 15% e un 14.
Finalmente, a Federación Provincial do Comercio de Pontevedra indicou que o comercio conseguiu no que vai de ano unha recuperación nas súas vendas, ata o día 31 de outubro, e destacan que o Nadal supón para algúns establecementos comerciais máis da metade das vendas de todo o ano.