Marín xa está preparado para iluminar o Nadal a partir deste mércores
Por Redacción
Marín xa ten todo preparado para inaugurar este mércores 5 de decembro a iluminación das festas do Nadal. Nesta ocasión, o encendido xeral da iluminación desenvolverase a partir das 18.30 horas na praza da Constitución e na rúa Ezequiel Massoni.
A continuación, o goberno local ten previsto, ao redor das 18.45 horas, iluminar o Belén, que este ano foi montado na remodelada praza da Capirota, na rúa da Roda. Alí, estudantes da Escola Municipal de Música "Vidal Pazos" realizarán un recital de panxoliñas como preludio a unha chocolatada popular.
O orzamento en iluminación para este ano rolda os 40.000 euros. Trátase dunha cifra similar á investida no nadal de 2017. Nesta ocasión cámbianse os tradicionais arcos por esferas, algo que xa se pode comprobar na avenida de Ourense.
Tamén se instalan outros elementos decorativos como a bola ou o belén, co obxectivo de que se convertan atractivos para que persoas procedentes de diversos puntos achéguense ata Marín para realizar as súas compras para estas festas.