Poio acenderá a iluminación do Nadal o mércores 5 de decembro
Por Redacción
Poio chegará de cheo ao Nadal a partir deste mércores 5 de decembro. Ás 19.30 horas está previsto o acto de prendido do alumeado na Casa Consistorial e a partir dese momento, darase por iniciada a programación organizada polo Concello para estas festas.
O mércores 5, con motivo do prendido do alumeado, haberá moitas sorpresas. As 100 primeiras persoas que se acheguen pola praza situada diante da Casa Consistorial terán como agasallo a pulseira oficial 'Nadal en Poio' e poderán facer unha foto espectacular na fachada da Casa Consistorial e participar do concurso 'A mellor foto de Nadal en redes'.
A concelleira de Cultura e Festexos, Lidia Salgueiro, e o alcalde, Luciano Sobral Fernández, presentarán este mércores a programación de Nadal 2018, pero xa adiantaron que este ano en Poio van viaxar en Metro para achegar a ilusión destas datas a todos os recunchos do municipio.
A programación apostará por manter as propostas para o público familiar, con espectáculos de referencia na comunidade, humor, obradoiros infantís, visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente polas parroquias e a cabalgata do día 5 de xaneiro, como broche de ouro a un mes cheo de alternativas culturais para lecer e tempo libre.
A primeira parada dese tren será este mércores. Ademais do acto de alumeado, terá lugar a inaguración da exposición 'GalizAmérica: edición e lingua no exilio' coa asistencia dos comisarios Carmen Carreiro, Ramón Nicolás e o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal. Margarida Ledo Andión impartirá a conferencia 'Recuperar a fala: recuperar a alma'.
Relacionadas:
-
A liña 8 do Metro do Nadal de Poio transportará este sábado aos Reis Magos
Por Redacción |
-
A árbore de Nadal da Ferrería ten moi boa pinta
Por Oskar Viéitez |
-
O acendido da iluminación do Nadal en Marín, o día 5 de decembro
Por Redacción |
-
Unha árbore de 30 metros na Ferrería, principal adorno da iluminación de Nadal
Por Alejandro Espiño |