As illas de reciclaxe no rural amplíanse aínda máis e superarán as 210
Por Alejandro Espiño
As previsións que manexaba o goberno municipal para ampliar o número de illas de reciclaxe nas quince parroquias do rural quedáronse curtas. A empresa responsable da recollida e tratamento de lixos, Ferrovial Servicios, calculaba triplicar as existentes e colocar 175. Pero, unha vez sobre o terreo, decidiuse poñer moitas máis.
Ata 212 illas de reciclaxe repartiranse por todo o rural pontevedrés, segundo confirmou a tenente de alcalde, Carme da Silva. Será así, explicou, porque o traballo de campo realizado polos operarios da empresa recoméndao.
Cumprirase así, segundo Da Silva, o criterio de que haxa unha illa de reciclaxe por cada 150 habitantes do rural, tendo en conta a dispersión xeográfica e as propias características de cada unha das parroquias.
Marcón e Mourente, que terán 25 illas cada unha, ou Salcedo (20), Lourizán (19), Campañó (18), Lérez (16) e Santo André de Xeve (15), son as que máis áreas de reciclaxe terán. A elas súmanse Verducido (14), Bora (14), Alba (12), Ponte Sampaio (9), Tomeza (8), Santa María de Xeve (7), Cerponzóns (7), A Canicouva (3).
MANTEMENTO DE VÍAS RURAIS
Ademais, a Xunta de Goberno acordou prorrogar por un ano o contrato coa empresa Elsamex para o mantemento das vías públicas no rural.
Este contrato, que supón un investimento de 241.800 euros, permite acometer pequenos asfaltados, o arranxo de arquetas ou o retranqueo de muros, así como solucionar danos de pouca entidade, co obxectivo de aumentar a vida útil das vías.
Relacionadas:
-
Inician unha campaña informativa sobre recollida selectiva para o comercio e hostalería do centro histórico
Por Redacción |
-
Cerponzóns demanda medidas de seguridade vial na estrada N-550
Por Redacción |
-
Continúa o despregue das illas de reciclaxe na cidade
Por Redacción |
-
A cidade estrea os novos contedores de reciclaxe de envases
Por Redacción |
-
Estudan ampliar a recollida de vidro porta a porta máis alá do centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
Renovarán todas as illas de reciclaxe da cidade e triplicarán as do rural
Por Alejandro Espiño |