Unha acción de protesta sinala que Lourizán é o "lugar máis degradado de todo o litoral galego"
Por Redacción
Este domingo, a plataforma contra a ampliación da depuradora de Os Praceres realizou unha acción simbólica titulada "Lourizán Zona 0: lugar máis degradado de todo o litoral galego", que consistiu nunha cadea humana ó redor da igrexa parroquial.
Mediante este acto, a plataforma buscaba denunciar a situación na que se atopa a parroquia que, según di, "é coñecida en toda Galicia como o paradigma da degradación dunha zona costeira, pola suma de aberracións ambientais, paisaxísticas e urbanísticas por decisións das sucesivas administracións desde fai décadas, cando paradoxicamente era un auténtico paraíso fai menos dun século".
A plataforma critica que a Xunta, "no lugar de frear esta degradación e dar marcha atrás", coa recuperación ambiental da ría de Pontevedra, "pretende darlle a puntilla" coa ampliación da depuradora e co novo emisario e "no lugar de perseguir a recuperación do dominio marítimo- terrestre, dá pasos hacia a perpetuación da súa ocupación".
"No lugar de buscar alternativas máis sostibles do modelo actual de saneamento, pretende empeoralo cunha macrodepuradora enriba do banco marisqueiro máis importante da ría", conclúe.
Relacionadas:
-
Performance veciñal en Praceres para criticar a actitude da Xunta ante as alegacións ao novo emisario na ría
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Ana Miranda levará ao Parlamento Europeo o rexeitamento á ampliación da depuradora de Lourizán
Por Redacción |
-
Lourizán alerta das "graves consecuencias" que tería a construción do emisario para o marisqueo
Por Redacción |
-
Ethel Vázquez garante que o novo colector de Marín estará listo a finais de 2019 para reforzar a depuradora de Praceres
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Concello e veciños proxectan o futuro "Parque da Dignidade" de Lourizán
Por Redacción |
-
Lourizán celebra un "magosto da dignidade" contra a ampliación da depuradora
Por Redacción |
-
Lourizán acusa á Xunta de facer "chantaxe" co posible peche da ría ao marisqueo
Por Redacción |