Gonzalo Durán denunciará á Deputación pola vía penal e advierte que "alguno podría acabar en la cárcel"
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, recorrerá a sentenza xudicial que culpa ao seu concello de fraude de lei respecto a a solicitude dunha axuda á Deputación de Pontevedra para financiar o proxecto do centro de talasoterapia. "No estamos de acuerdo y vamos a apelar", anunciou.
O rexedor popular cre que co fallo xudicial "se nos abren otras vías"ao ter acceso a unha documentación e á declaración de funcionarios e que, segundo asegura, "nos hace ver una serie de irregularidades, lo cual nos hace pensar que hubo desvío de fondos".
En concreto o alcalde de Vilanova de Arousa sostén que os concellos afíns politicamente ao goberno provincial manexaron información privilexiada que lles deu vantaxe á hora de optar ás axudas.
Por este motivo advirte Gonzalo Durán que vai presentar unha denuncia pola vía penal. "No nos dejan otra opción. Les aconsejo que, antes de presentarlo, nos devuelvan el dinero que nos quitaron, que dejen el sectarismo y nos devuelvan lo que es nuestro, porque alguno podría acabar en la cárcel", concluíu o alcalde do PP.
CARMELA SILVA
"Falou un xuíz, falou un xuíz", destacou a presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, expresando a súa satisfacción coa sentenza "que é brutal" do xulgado contencioso administrativo número 1 de Pontevedra, que desestima o recurso presentado polo concello de Vilanova de Arousa. "A xustiza puxo as cousas no seu sitio", recalcou.
Carmela Silva destacou que a sentenza sinala que o concello de Gonzalo Durán, presentou "un proxecto en fraude de lei" para optar á subvención, ao presentar o proxecto dunha obra xa realizada, para obter "subrepticiamente" unha ampliación do prazo.
Finalmente a presidenta provincial defendeu a "equidade" na xestión das subvencións concedidas pola actual Deputación, despois de "moito tempo no que se investía só nalgúns concellos".
Relacionadas:
-
Dura sentenza contra o Concello de Vilanova pola súa denuncia contra o Plan de Reequilibrio
Por Oskar Viéitez |
-
Gonzalo Durán non se arrepinte de chamar "chacha para todo" a Silva e demanda á Deputación por "malversación"
Por Redacción |
-
A Deputación ampliará a denuncia contra Gonzalo Durán
Por Oskar Viéitez |