A Gran Recollida Solidaria chega aos 325.000 quilos de comida
Por Redacción
A Fundación Provincial Banco de Alimentos aproxímase aos 325.000 quilos de comida recadados esta fin de semana coa súa sexta edición da Gran Recollida Solidaria (GRS2018).
Aínda que a cifra de alimentos recibidos é provisional e non será ata dentro dunha semana cando se terá unha definitiva, para a ONG supón xa un éxito que agradece publicamente porque os quilos e quilos de solidariedade servirán para paliar necesidades básica de 25.000 persoas na provincia.
Desde a entidade ponse en valor a xenerosidade e a empatía demostrada pola cidadanía cos que non atravesan o seu mellor momento e congratúlase da resposta masiva ante a necesidade máis próxima que, lonxe de diminuír, mesmo, danse repuntes.
O Banco de Alimentos recoñece de maneira especial a implicación e compromiso tanto do padriño, o actor e humorista, David Amor, como das 2.000 persoas voluntarias sen os que non se podería levar a cabo esta iniciativa solidaria.
A GRS2018 desenvolveuse en 155 superficies comerciais de toda a provincia e as doazóns de produtos básicos foron constantes durante as dúas xornadas.
Relacionadas:
-
A sexta gran recollida solidaria obtén 125.000 quilos de comida para o Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
David Amor, padriño da Gran Recollida do Banco de Alimentos: "Segue habendo xente con ganas de cambiar as cousas"
Por |
-
O Banco de Alimentos aínda precisa 100 persoas voluntarias para a Gran Recollida Solidaria
Por Redacción |