A Policía Local de Poio denuncia un ciclista que deu positivo en drogas
Por Oskar Viéitez
A formación práctica do curso sobre detección de drogas na condución a Policía Local de Poio arroxou un saldo de dous positivos en diferentes drogas. Un correspondía ao condutor dun turismo e o outro era un ciclista. Ademais un condutor deu positivo en alcoholemia e detectouse unha persoa que conducía sen permiso ao serlle retirado por suspensión xudicial.
En resumo, tres denuncias administrativas e unha infracción penal, delito contra a seguridade viaria instruído por procedemento de xuízo rápido.
Este é o balance da práctica levada a cabo no marco dunhas xornadas de formación que o xefe do corpo, Antonio Duarte, valorou de maneira moi positiva, destacando especialmente a colaboración do profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Ribadulla, da área de toxicoloxía do departamento de ciencias forenses.
A Policía Local de Poio marcouse o obxectivo de incrementar os controis de alcol e drogas nos condutores sobre todo nas campañas de control de tráfico.