Sito Miñanco deféndese da acusación de branqueo: "A partir do ano 91 eu estaba preso"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
José Ramón Prado Bugallo, coñecido como Sito Miñanco, fixo uso este venres do seu dereito á última palabra para pechar o xuízo por branqueo de capitais no que sentou no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra durante o último mes. Co seu marcado acento de Cambados, e expresándose sempre en galego, volveu soster a súa inocencia.
Na súa intervención, de minuto e medio, quixo aproveitar para puntualizar cuestións que considera que poden non quedarlle claras ao tribunal, unha relativa á acusación que pesa sobre a súa filla, Rosa María Prado Pouso, e outra súa propia.
En relación coa súa persoa, sostivo que el non pode realizar actividades para branquear diñeiro a través da inmobiliaria San Saturnino entre os anos 1988 e 2007, como sostén o fiscal. Ou, polo menos, non puido facelo en parte dese tempo, pois "a partir do ano 91 eu estaba preso" e esa situación durou ata 1998.
Esta foi a súa alegación final:
"Puntualizar dous puntos que, ao meu criterio, ao mellor ao criminal non lle quedaron claros.
O señor fiscal no seu informe quere... a batea que comprou a miña filla, a Manuela, deu a entender como que fora miña porque se chama Prado e a miña nai chámase Bugallo López. O que non di o señor fiscal é que esa batea comprouse no ano 70, cando eu tiña 15 anos e comprouna meu pai, que estaba en gananciais con miña nai, e meu pai chámase Prado. Cando morreu meu pai, era a batea de miña nai, polo tanto, o nome de Prado non ven de min, ven de meu pai.
Por outro lado, xa o explicou o avogado da miña filla, pero quero que ao tribunal lle quede claro, unha batea cando se vende véndese vacía, véndese a comisión, de mexillón, de ostra... véndese o que é a batea. Se a miña filla comprouna en 18 e ese ano, ao seis meses, quitoulle 40 é porque a avoa deixoulla cargada de ostras. Simplemente eso.
E a partir do ano 91 eu estaba preso. Osea que entón non puiden estar nin en astilleros nin en astilleros falsos porque eu estaba preso ata o 98".
Relacionadas:
-
Sito Miñanco, condenado a catro anos de cárcere por branqueo de capitais do narcotráfico
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O ocaso dos vellos narcos: caen Sito Miñanco, Manuel Charlín e Tania Varela
Por Natalia Puga |
-
O avogado de Sito Miñanco reprocha ao fiscal que o acuse de branqueo baseándose nun "guión televisivo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sito Miñanco nega ter branqueado diñeiro da droga: "Hasta 1991 no toqué nada que no fuera tabaco"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Unha Interviú de 1983, documentos belgas e unha causa arquivada, eixos da nova estratexia xudicial de Sito Miñanco
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O xuízo por branqueo de capitais contra Sito Miñanco retomarase o 25 de outubro na Audiencia
Por Natalia Puga |