Zona Monumental inviste preto de 17.000 euros na iluminación do centro histórico
Por Redacción
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental xa ten previstas as actividades que se desenvolverán con motivo das festas de Nadal.
A asociación xa ten instalada a iluminación de Nadal no centro histórico cun coste de preto de 17.000 euros. Este ano tamén solicitouse a colaboración a establecementos non asociados a Zona Monumental para sufragar o gasto que supón este investimento. Distintos empresarios do casco vello aportaron as dotacións económicas que consideraron oportuna para instalar máis motivos festivos.
Tamén se elaboraron manteis co plano da Zona Monumental, que se repartirán entre os hosteleiros durante os vindeiros días. Esta iniciativa conta coa colaboración da Deputación Provincial.
Entre as actividades destacadas, a asociación anuncia a volta da Feira de Artesanía na praza do Teucro. Será a edición 18 e vai desenvolverse desde o 20 de decembro ata o 5 de xaneiro, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.30 horas.
Papá Noel paseará polas rúas repartindo lambetadas o 24 de decembro en horario de 11.30 a 13.30 horas. Como todos os anos, os establecementos asociados xa contan con Lotería de Nadal da Zona Monumental.
Relacionadas:
-
O PP critica a carencia de iluminación do Nadal nos barrios e parroquias
Por Redacción |
-
Pontevedra acenderá o 5 de decembro a iluminación de Nadal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Unha árbore de 30 metros na Ferrería, principal adorno da iluminación de Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra gastará 122.000 euros en iluminar a cidade para o Nadal
Por Oskar Viéitez |