O barrio do Cabo, en Lourizán, recupera a súa toponimia tradicional
Por Redacción
O barrio do Cabo en Praceres, na parroquia de Lourizán, xa conta con novas placas coa denominación tradicional das rúas e camiños desta zona de Pontevedra.
As denominacións son Camiño do Cabo, Camiño da Posta, Rúa da Pedra Alta, Canella, O Monte, Camiño da Praia, O Cuncheiro, Praia e o Peirao das Señoritas.
Esta toponimia recuperada será explicada nunha charla divulgativa que terá lugar este xoves 29 de novembro, a partires das 20.00 horas no baixo parroquial dos Praceres, organizada pola concellería de Normalización Lingüística. O arqueólogo e experto en patrimonio Alberte Reboreda ofrecerá detalles sobre estes nomes.
Estes cambios inclúense dentro do programa 'Chamámonos así', co obxectivo de recuperar e difundir os nomes de lugar. Na aplicación http://toponimia.pontevedra.eu poden consultarse preto de 20.000 topónimos referenciados.