Detectan lexionella na residencia de persoas maiores de Marín
Por Oskar Viéitez
Nun autocontrol efectuado pola residencia de persoas maiores de Marín detectouse a presenza da bacteria lexionella.
Foi en mostras de auga tomadas nun acumulador do sistema de auga quente sanitaria, así coma nun punto terminal da súa instalación.
A Xefatura Territorial de Sanidade en Pontevedra aconsellou en pasadas datas a ese centro que aplicara medidas correctoras.
Segundo informaron dende esta xefatura, ditas medidas contemplaban que o centro efectuara unha limpeza e desinfección da instalación, para 15 días despois de dita desinfección de todo o circuito, recoller unha nova mostra de auga no acumulador e en varios puntos para comprobar a ausencia de crecimento de lexionella.
Así mesmo e como medida preventiva para eliminar calquera potencial risco para a saúde dos residentes, mentres non se dispoña dun resultado coa ausencia de crecimento de legionella, e seguindo as recomendacións de Sanidade este centro marinense non está a permitir o uso das duchas nin agua pulverizada para a hixiene persoal.
A dirección da residencia está a seguir os protocolos marcados na normativa vixente na que se recollen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.