A eurodeputada Ana Miranda leva ao Parlamento Europeo a contaminación do encoro do río Umia
Por Oskar Viéitez
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de presentar unha pregunta á Comisión Europea sobre a contaminación do encoro de A Baxe, no río Umia, causada pola presenza continuada e en altos niveis da bacteria Microcystis.
"É imprescindible facer controis rigorosos das augas e poñer fin a esta situación que se vive permanente en Caldas e Reis, tal e como vén denunciando desde hai anos o BNG", afirma a eurodeputada.
A presenza desa cianobacterias no embalse do Umia é unha constante nesta zona desde hai anos. Ademais de tinguir a auga de verde, ten provocado o colapso do sistema de depuración da ETAP de Caldas, como en 2010, causando graves problemas de abastecemento de auga á poboación. Nese ano, a mediados de setembro, superáronse os 2,4 millóns de células e o nivel de clorofila alcanzou os 342 microgramos por litro.
Neste mesmo verán de 2018, os datos mostraban que a alga pasara das 84.250 células por mililitro de auga o 2 de xullo a 28.750 o 9 de xullo.
"Estamos ante unha grave situación que se repite continuamente e que loxicamente preocupa á veciñanza da zona", manifesta Miranda, quen alerta de que se aumenta a presenza da alga, o subministro e a potabilidade da auga non está garantida.
Relacionadas:
-
O BNG pide a dimisión da conselleira Ethel Vázquez "por mentir e insultar a intelixencia de todos os caldenses"
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta asegura que "nunca" houbo toxina no encoro do Umia
Por Redacción |
-
O BNG denunciará ante a Unión Europea o estado do encoro do Umia
Por Redacción |
-
A situación do Umia é "un dos problemas medioambientais máis graves da comarca" segundo En Marea
Por Redacción |
-
Cuntis e Moraña solicitaron a Augas de Galicia a limpeza do río Umia nas zonas expropiadas polo encoro
Por Oskar Viéitez |
-
Mensaxe de tranquilidade da Xunta polo estado do río Umia e o seu encoro
Por Redacción |