O acendido da iluminación do Nadal en Marín, o día 5 de decembro
Por Redacción
O nadal empeza a ser visible en Marín coa colocación en diferentes puntos da vila dos adornos e luces propias da época.
O acendido da iluminación, segundo confirmou o Concello de Marín, producirase oficialmente o mércores 5 de decembro co obxectivo de lograr un ambiente festivo na localidade e fomentar o comercio local.
Os adornos máis importantes centralizaranse na Alameda, Avenida de Ourense, Praza de España, a rotonda das Áncoras, as fachadas do Concello e do Mercado, o interior do Multiusos, a biblioteca, a praza da Constitución e o parque Eguren.
Ademais Estrela de Marín instalará de novo un carrusel na Alameda Rosalía de Castro, zona na que tamén se habilitará unha carpa con xogos infantís.
Pola súa banda no Parque Eguren concentraranse actividades para un público de máis idade como a tirolesa ou o tiro con arco, abrindo ambas as zonas de lecer o venres 21 de decembro ata a celebración de Reis.
Completará a ambientación do Nadal un tren que percorrerá as rúas da localidade.