Continúa o despregue das illas de reciclaxe na cidade
Por Redacción
O Concello de Pontevedra continúa co despregamento das illas de reciclaxe na cidade. Neste momento a empresa concesionaria está a colocar simultaneamente os novos colectores de vidro (iglús verdes) e contentores de envases (colectores verdes con tapa amarela) en toda a cidade.
Mentres non rematen a instalación destes contedores, non iniciarán o despregue dos de papel (verdes con tapa azul), que cambiarán moito a imaxe das illas de reciclaxe na cidade, xa que na actualidade son os que se atopan en peor estado de conservación.
Na zona urbana as illas de reciclaxe pasarán de 263 a 270; e no rural multiplicaranse, pasando de 50 a 175.
A empresa tratará de colocar de madrugada estes colectores porque resultará máis fácil o despregue, pero nalgúns casos tamén o fará de día, polo que a concelleira Carme da Silva pide a colaboración e comprensión dos pontevedreses polos inconvenientes que poidan ocasionar estes labores.
Relacionadas:
-
A renovación dos contedores azuis para papel e cartón, en marcha
Por Redacción |
-
As illas de reciclaxe no rural amplíanse aínda máis e superarán as 210
Por Alejandro Espiño |
-
A cidade estrea os novos contedores de reciclaxe de envases
Por Redacción |
-
Estudan ampliar a recollida de vidro porta a porta máis alá do centro histórico
Por Alejandro Espiño |
-
Renovarán todas as illas de reciclaxe da cidade e triplicarán as do rural
Por Alejandro Espiño |