O Hospital Montecelo acollerá a segunda Xornada Galega de Disfaxia Orofarínxea
Por Redacción
O Hospital Montecelo acollerá os próximos 30 de novembro e 1 de decembro a segunda Xornada Galega de Disfagia Orofarínxea, organizada polos servizos de Otorrinolaringoloxía (Unidade de Disfaxia), de Rehabilitación e de Pediatría dos hospitais de Pontevedra e O Salnés, e o servizo de Rehabilitación da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, coa colaboración de Nestlé Health Science, Medical Sorevan, Fresenius Kabi, RB Health, Bioksan, Atos Medical e Nutrición Médica.
Máis de 130 profesionais sanitarios de toda España de distintas especialidades asistirán a esta xornada que será inaugurada por Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade da Xunta.
A disfaxia é un trastorno da deglución caracterizado por unha dificultade na preparación oral do bolo alimenticio ou no desprazamento do alimento desde a boca ata ao estómago.