Pontevedra acenderá o 5 de decembro a iluminación de Nadal
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O Concello de Pontevedra comezou a instalación da iluminación de Nadal esta fin de semana e continuará os traballos nos vindeiros días ata a súa inauguración prevista na tarde do 5 de decembro, como vén sendo tradición.
Entre as novidades das luces de Nadal deste ano, está a iluminación de rúas como a avenida da Estación, Josefina Arruti, a avenida de Vigo, María Victoria Moreno, Xeneral Rubín, Loureiro Crespo e a avenida de Lugo, entre outras moitas, até completar un total de 386 motivos de iluminación de Nadal en toda a cidade, no centro histórico e en barrios e parroquias como Monte Porreiro, A Seca ou Ponte Sampaio.
Tamén se instalarán catro árbores de Nadal: praza da Audiencia, praza de Curros Enríquez, Praza de Méndez Núñez e praza da Ferraría, este último de 30 metros de altura e visitable.
Tamén se colocará unha bola de 6 metros de altura, tamén visitable, no cruce da rúa Daniel de la Sota con García Camba e Peregrina. Será novidade ademais a decoración da balconada de pedra da Casa Consistorial.
As rúas que estarán iluminadas na cidade son:
Benito Corbal (11 arcos), Marquesa (2), Virxe do Camiño (5), Sagasta (5), Frei Xoán de Navarrete (2), Joaquín Costa (8), Santa Clara (9), Gutiérrez Mellado (4), Loureiro Crespo (6), Avenida de Lugo (2), Rosalía de Castro (11), Cobián Roffignac (10), Daniel de la Sota (6), Michelena (10), Praza de España (10), Avenida de Vigo (6), Peregrina (13), Echegarai (5), Paseo Colón (5), Riestra (7), García Camba (6), Oliva (9), Eduardo Pondal (16), Glorieta de Compostela (3), Glorieta Loureiro Crespo con Doce de Novembro (2), Doce de Novembro (4), Josefina Arruti - Estación (13), María Victoria Moreno (17), Ferrería (11), Cruz Gallástegui (10), San Antoniño (10), Praza de Ourense (8), Alameda (12), San Roque (9), Fernando Olmedo (6), Xeneral Rubín (6), González Besada (7), Andrés Muruáis (3), Castelao (8), Uxío Novoneira (4) e Blanco Porto (5).
No centro histórico: Méndez Núñez (2 arcos), Curros Enríquez (3), Verdura (3), Leña, Praza do Peirao (1), Don Gonzalo (8), César Boente (1), Sarmiento (5), San Román (8), Soportais da Ferrería (2), Fernández Vilaverde (1), Manuel Quiroga (5), Real (13), Serra (6), Princesa (1), Avenida de Santa María (1), Alta (1), Bastida (1), Alhóndiga (2).
Centros urbanos de barrios e parroquias: Estribela (4 arcos), A Seca (4), Monte Porreiro (6), Ponte Sampaio (2).
Ademais da colocación de arcos e de elementos luminosos en farois, tamén estarán decoradas con iluminación de Nadal os accesos á cidade, nos que haberá 8 composicións de "Boas Festas"; decoración nas camelias da Ferraría, decoración nas árbores da praza de San Xosé, fachada da estación de bombeiros e do camión, unha estrela na Ferraría e decoración dos balcóns do Concello na rúa Michelena 30.
A empresa adxudicataria, Creaciones Luminosas S.L. foi adxudicataria cunha proposta de 138.913,90 euros, dos cales 22.009,90 euros son para o Entroido. O prezo de licitación era de 145.000 euros en total.
Relacionadas:
-
A árbore de Nadal da Ferrería ten moi boa pinta
Por Oskar Viéitez |
-
Zona Monumental inviste preto de 17.000 euros na iluminación do centro histórico
Por Redacción |
-
Unha árbore de 30 metros na Ferrería, principal adorno da iluminación de Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra gastará 122.000 euros en iluminar a cidade para o Nadal
Por Oskar Viéitez |