Rafa Domínguez pide explicacións públicas a Lores sobre o peche de Elnosa

Por Redacción
Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do Partido Popular, quere que Miguel Anxo Fernández Lores explique publicamente por que Pontevedra perde 150 postos de traballo e 55 millóns de euros co peche de Elnosa.
O representante do PP pregúntase por que a empresa propietaria da cloreira, a portuguesa Bondalti, inviste na fábrica de Torrelavega, en Cantabria, mentres que en Pontevedra ten que pechar. Domínguez cre que a "sinrazón de Lores levounos a esta situación". Acusou ao alcalde de "cinismo" porque agora, segundo o popular, afirma que non ten nada que ver coa marcha da empresa.
Domínguez sinala que en Torrelavega faise unha festa pola chegada dunha empresa mentres que o BNG organiza outra porque se vai e expresou a súa tristeza porque familias de traballadores teñan que "emigrar" a Cantabria para poder continuar traballando.
Por este motivo, os populares reclaman explicacións públicas do alcalde sobre este tema. No caso de que non se produzan, estudará a posibilidade de levar o tema ao pleno.
Rafa Domínguez acusa a Lores de "cinismo" en relación con Elnosa
Rafa Domínguez. Portavoz do grupo municipal do PP
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
Última protesta dos traballadores de Elnosa coas maletas preparadas para marchar a Torrelavega
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os populares reclaman un plan para atraer empresas que suplan o peche de Elnosa
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez repartirá 3.000 exemplares dunha publicación do PP, crítica coa xestión de Lores
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
APDR celebra o peche de Elnosa e acusa á empresa de ser os "únicos responsables"
Por Redacción |
-
Elnosa confirma o peche da factoría e culpa o Concello pola súa "oposición destrutiva"
Por Redacción |
-
Elnosa manterá a súa sede en Pontevedra desde onde administrará a súa nova fábrica de Torrelavega
Por Oskar Viéitez |