Cerdedo-Cotobade executa a mellora integral da rede viaria de Chamadoira
Por Redacción
Preto de 120.000 euros está a investir o goberno municipal de Cerdedo-Cotobade nas obras de mellora integral da rede viaria interna do lugar de Chamadoira, unha actuación bastante complexa que pretende corrixir a afección constante das augas de escorrentía polas pistas deste lugar de Cerdedo a causa da forte pendente existente.
Os traballos comezarán unha vez que se construíron catro muros de contención, orientados ao reforzo da seguridade, no interior da aldea.
Tras o levantamento destes muros en pedra e mampostería, executarase o saneamento das calzadas, a realización de certos traballos de ensanche nos puntos nos que sexa posible segundo o emprazamento das vivendas e, posteriormente, a renovación de toda a capa de rodadura.
Este proxecto, ao abeiro do Plan de Vías Municipais 2018-2019, está recollido nun lote de obras que tamén contempla o formigonado completo e a dotación de recollida de pluviais nos camiños interiores do lugar de Barro.
En canto aos próximos proxectos no marco deste plan, figuran as pavimentacións en San Xurxo, Cutián, Viascón e Santa María (160.575 euros) ou pavimentacións, beiravias e canalizacións nas Lagoas, Carballedo, Valongo, Famelga e Loureiro (145.650).
Ademais, haberá mellora de camiños en Loureiro, Vilar, Pozo Negro, Costa, Parada de Tenorio e Vila de Abaixo (121.000), obras en Esbarrela, capela de San Antonio, Vilar, Viduído e Vilarchán (120.602), mellora viaria en pistas de Tenorio, Calvelo e Parada (250.000), ensanche interno en Vilanova (45.000) e ensanche do Camiño do Quinteiro, en Tomonde (100.481).
Relacionadas:
-
A reforma do viario interno da Chamadoira permitirá a circulación de vehículos
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade renova toda a trama de pistas e camiños do lugar de Barro
Por Redacción |
-
A Xunta anuncia o inmediato inicio das obras do saneamento en Tenorio
Por Redacción |
-
O Concello ensancha e asfalta o acceso á potabilizadora de Cerdedo
Por Redacción |
-
Arrancan as obras do Plan de Vías de Cerdedo pola parroquia de Quireza
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade programa o inicio de obras en seis pistas
Por Redacción |