APDR celebra o peche de Elnosa e acusa á empresa de ser os "únicos responsables"

Por Redacción
Para a Asociación Pola Defensa da Ría, o peche de Elnosa é unha "boa noticia" detrás da que non ven "razóns políticas", senón tan só unha "mala xestión" da que agora pretenden responsabilizar ás administracións, entre elas o Concello de Pontevedra, que se opuxeron a súa continuidade en Lourizán.
Nun comunicado, a APDR agarda que isto sexa o "primeiro paso" para o desmantelamento de todo o complexo industrial, ocupado en gran parte por Ence, de cara a un futuro baseado na explotación dos recursos marisqueiros e turísticos da ría.
Os "únicos responsables" da perda dos postos de traballo de Elnosa, segundo o colectivo ecoloxista, son os directivos da empresa "que nunca tiveron a creación de emprego entre as súas prioridades"; así como os propios traballadores que, xunto cos sindicatos, "fixeron o traballo sucio á empresa" ao defender os intereses da compañía "sen esixirlle solucións".
APDR reitera que Elnosa "hai tempo" que tiña que estar pechada "por motivos ambientais, económicos e de saúde das persoas" e este final demorouse, engaden, polo "interesado trato de favor" da Xunta de Galicia.
Agora, a asociación esixe ao Goberno español que decrete a extinción da concesión de Elnosa nos terreos de dominio público que hoxe ocupa e que cumpra a lei e tome posesión das instalacións da fábrica.
Ao mesmo tempo, recordan, deben esixir aos responsables da fábrica de cloro que eliminen o mercurio dos solos e augas "contaminadas con este perigoso metal pesado" e cumpran coa súa obriga de deixar a zona que agora ocupan tal como a recibiron cando chegaron a Lourizán.
Relacionadas:
-
Elnosa pon fin a súa presenza en Lourizán: entre todos a pecharon e ela soa pechou
Por Anxo Lourido |
-
Un ano das letras galegas cheo de amor cara a profesora María Victoria Moreno
Por Anxo Lourido |
-
O Ministerio para a Transición Ecolóxica comunica a caducidade da concesión de Elnosa
Por Redacción |
-
Última protesta dos traballadores de Elnosa coas maletas preparadas para marchar a Torrelavega
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Rafa Domínguez pide explicacións públicas a Lores sobre o peche de Elnosa
Por Redacción |
-
Elnosa confirma o peche da factoría e culpa o Concello pola súa "oposición destrutiva"
Por Redacción |
-
Elnosa manterá a súa sede en Pontevedra desde onde administrará a súa nova fábrica de Torrelavega
Por Oskar Viéitez |