AEMPE celebra os seus 40 anos cunha gran cea na Finca Batacos
Por Redacción & Diego Torrado
Como en toda gran celebración que se prece, non hai mellor que unha festa ao grande para festexar unha efeméride tan importante como cumprir corenta anos. E iso é o que fixo a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa de Pontevedra.
Integrantes de AEMPE, acompañados de numerosas personalidades da vida social, política e económica da cidade de Pontevedra, acudiron este venres á Finca Batacos, en Salcedo, para poñer en broche de ouro aos actos do corenta aniversario da entidade.
Entre os asistentes atopábanse, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; ou o responsable de Turismo na Deputación de Pontevedra, o socialista Santos Héctor.
Todos eles acompañaron aos socios de AEMPE, co seu presidente José María Corujo á cabeza, que gozaron dunha velada de confraternización que se prolongou ata a madrugada para celebrar todos os anos que a organización leva asesorando e axudando aos empresarios de Pontevedra.
Relacionadas:
-
260 persoas atoparon traballo en Pontevedra durante 2018 grazas á Cruz Vermella
Por Redacción |
-
AEMPE pecha os actos do seu 40 aniversario cun recoñecemento ao seu equipo directivo
Por Redacción |
-
AEMPE despide os seus afterwork con Pilar Cernuda como invitada
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O "gurú" televisivo José Manuel Lorenzo abre os actos do 40 aniversario de AEMPE
Por Redacción |