Amigos de Galicia deixa 'pegada' contra a violencia de xénero
Por Redacción
A Praza da Peregrina foi o lugar escollido pola Fundación Amigos de Galicia para visibilizar a loita contra a violencia de xénero.
Fíxoo a través dun mural no que inmortalizou as pegadas dos viandantes que se achegaron polo lugar.
Alí ofrecíase información sobre os programas de prevención e loita contra a violencia machista que desenvolve a asociación e sobre os servizos de axuda ás vítimas e ás persoas en situación de vulnerabilidade.
Na comarca de Pontevedra, a Fundación Amigos de Galicia ofrece a súa atención a mulleres de Pontevedra, Poio, Cerdedo-Cotobade, Soutomaior, Cuntis, Vilaboa, A Lama, Caldas de Reis e Moraña, con apoio social, orientación laboral, atención psicolóxica e atención xurídica.
Durante este ano Amigos de Galicia, que conta cunha oficina na Casa da Luz, atendeu a 169 mulleres nesta situación.
Relacionadas:
-
O programa 'Mellor acompañados' mellora a dixitalización de 19 maiores de Caldas
Por Redacción |
-
Renovado o convenio para axudas sociais entre o Concello da Lama e a Fundación Amigos de Galicia
Por Redacción |
-
Moraña e A Lama axudan ás familias con dificultades económicas da man da Fundación Amigos de Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
Amigos de Galicia necesita 47 millóns de tapóns na súa campaña máis ambiciosa
Por Redacción |