O persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra amosa a súa oposición á violencia machista
Por Redacción
Profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra concentrábanse este venres na entrada principal do Hospital Montecelo e nas consultas externas do Hospital Provincial. O persoal facía estas fotografías no interior das dependencias sanitarias para amosar o seu rexeitamento á violencia de xénero. O acto realízase con motivo do 25- N.
Ademais, segundo informan desde a xerencia, repartíronse violentómetros en todos os centros da área sanitaria deseñados co obxectivo de concienciar a profesionais, pacientes e usuarios sobre os distintos tipos de violencias machistas contra as mulleres. A intención é sensibilizar para evitar que continúen producíndose este tipo de agresións.
Os violentómetros son uns medidores que rexistran o grao de gravidade da violencia de xénero. Desta forma mídense desde as bromas ofensivas, as mentiras, enganos ou humillacións ata chegar ás ameazas de morte, os golpes, as violacións e asasinatos.
Relacionadas:
-
Mulleres con discapacidade reclaman que se adapte o servizo de xinecoloxía do Complexo Hospitalario
Por Anxo Lourido |
-
O Colectivo Feminista de Pontevedra dálle unha volta á publicidade machista na súa campaña do 25-N
Por Diego Espiño |
-
"Se é un maltratador nunca é un bo pai"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A campaña municipal do 25-N visibilizará o medo e a soidade que sofren as vítimas de violencia machista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |