O porto de Marín debuta como receptor de atúns procedentes do Atlántico e do Índico
Por Redacción
O barco Izar Arguia chega este venres ao porto de Marín. Procede do océano Índico e está previsto que o luns inicie a descarga de 2.600 toneladas de atún. Ao longo de quince días desenvolveranse estes traballos de desembarco nas instalacións portuarias.
Esta operación supón o debut do porto de Marín como receptor de buques mercantes que levará a cargo a descarga directa de túnidos procedentes das pesqueiras situadas no Atlántico e no Índico.
Esta iniciativa parte dun acordo entre Atunlo e Marfrío que se atopa relacionada co proxecto conxunto de Central Lomera Portuguesa, que vai inaugurar unha factoría que se encargará de producir lombos de atún precocidos o 3 de decembro na localidade lusa de Vilanova de Cerveira.
Co emprego das instalacións portuarias de Marín para as descargas do atún e a posta en marcha da nave portuguesa crearanse, segundo estas empresas, ao redor de 300 novos postos de traballo.
Relacionadas:
-
O persoal da empresa Marfrío de Marín mobilízase e demanda melloras laborais e salariais
Por Redacción |
-
O Porto de Marín moveu 2,5 millóns de toneladas de mercadorías en 2018
Por Redacción |
-
O Porto de Marín presenta os seus servizos para froita e hortalizas na feira internacional Fruit Attraction
Por Redacción |
-
O Porto de Marín presenta o seu plan de empresa ante Portos do Estado
Por Redacción |