Podemos presentarase ás municipais en Pontevedra con forzas "afines" que se queiran "sumar" a eles
Por Alejandro Espiño
Podemos participará, dunha maneira ou outra, nas eleccións municipais de 2019. Así o asegurou o seu portavoz en Pontevedra, José Ramón Otero, único candidato ás primarias para elixir o novo secretario municipal da formación de Pablo Iglesias.
Aínda que recoñece que "está todo sin matizar", José Ramón Otero garantiu que Podemos presentarase ás eleccións e, queda por concretarse, en compañía de quen.
"No estamos cerrados a nadie", sinalou o seu portavoz, que se ofrece a negociar con todas as forzas "afines" que se queiran "sumar" a esta candidatura, sempre desde a base que a "unidad de acción" debe estar "encabezada" por Podemos.
A este respecto, recoñece que xa houbo contactos con Esquerda Unida e Equo, forzas coas que existe un acordo en todo o territorio nacional, e negociarase con outras formacións como Pacma ou mesmo Marea, aínda que esta xa realizase primarias para elixir os membros da súa candidatura.
"Las barreras no las ponemos nosotros", sinalou José Ramón Otero, que reiterou que o futuro dunha posible candidatura de consenso con Marea "depende de ellos".
O candidato á secretaría municipal de Podemos, que fixo un chamamento á participación nas primarias porque "me gustaría estar apoyado por cuanta más gente mejor", recoñece que "dividir el voto es un error" e sinalou que "con voluntad todo se arregla" e que por Podemos "no va a quedar".
Relacionadas:
-
Podemos e Esquerda Unida presentaranse xuntos ás municipais en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
As primarias de Podemos confirman a José Ramón Otero como candidato á Alcaldía de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
José Ramón Otero, único candidato para liderar a Podemos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Podemos convoca primarias para elixir os seus responsables en Pontevedra e Sanxenxo
Por Redacción |