Cubela anuncia a inminente presentación do proxecto do Centro Médico de Carballedo
Por Redacción
O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, anunciou a creación dun novo centro de saúde en Cotobade mediante a reforma e ampliación da planta baixa do edificio multiúsos. As obras que se van realizar crearán unha área adaptada para o uso de consultorio médico, con acceso directo dende a vía pública e capacidade para cinco espazos de consulta, así como, aseos adaptados para persoas en cadeira de rodas.
Todo iso sen interferir cos outros usos existentes no multiusos, en plantas superiores, que poderán seguir funcionamento de xeito independente.
O novo centro de saúde terá unha superficie de 210 m2 e supón un investimento estimado de 196.790 euros que serán financiados pola Deputación Provincial e coordinado coa Xunta, que asumirá os gastos do equipamento.
A intención de Cubela é ir centralizando todos os servizos na zona centro de Carballedo co fin de desenvolver actividades que dean vida a Cotobade.
Tendo en conta a situación económica, o alcalde valora esta medida como ideal para salvar o centro médico de Carballedo, xa que as actuais instalacións son moi deficitarias e non cumpren coas condicións axeitadas de traballo.
"Mentres noutras comunidades autónomas estanse pechando centros médicos, non rural galego estase apostando por manter vos servizos naqueles sitios, onde principalmente a extensión de terreo é enorme e onde a idade dás persoas é moi envellecida", neste sentido, Cubela mostrou a súa satisfacción porque "nun prazo de tempo breve vai a poder dar solución a un problema presente que tinga Cotobade".