Mulleres con discapacidade reclaman que se adapte o servizo de xinecoloxía do Complexo Hospitalario
Por Anxo Lourido
Con motivo do 25 de novembro, un grupo de integrantes da asociación de persoas con discapacidade Amizade presentaba este xoves as súas reivindicacións no servizo de atención ao paciente do Hospital Provincial.
Denuncian as dificultades de accesibilidade que as mulleres con discapacidade atópanse en servizos como o de xinecoloxía, obstetricia ou planificación familiar en todos os hospitais públicos das comarcas de Pontevedra e O Salnés. Sinalan que o instrumental que empregan nas consultas non se adapta ás necesidades de mulleres con cadeira de rodas. En ocasións, relata Elena de Amizade, "teñen que chamar a sete persoas para que, espida, te levanten e non é cómodo".
Blanca Castro expón que non hai medios para facer as probas suficientes e sinala que noutros centros hai padiolas adaptadas. Reivindican este dereito para que se lles poidan realizar revisións xinecolóxicas preventivas de maneira periódica e de forma completa, ademais de solicitar unha sensibilidade cara ás mulleres con discapacidade.
Na comarca de Pontevedra, sinalan desde Amizade, produciuse un incremento do número de persoas con discapacidade recoñecido do 3,40% cunha cifra total de 15.167. O 54% das persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra son mulleres.
Relacionadas:
-
Amizade convida a participar no seu grupo de apoio 'Mulleres Diversas'
Por Redacción |
-
O persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra amosa a súa oposición á violencia machista
Por Redacción |
-
Alsa promete a Amizade establecer autobuses adaptados con ruta a Oviedo para persoas con mobilidade reducida
Por Anxo Lourido |
-
VÍDEO.- Reteñen media hora un autobús de Alsa por imposibilitar a viaxe dun mozo que emprega cadeira de rodas
Por Anxo Lourido |
-
"Ocio vedado" para as persoas con discapacidade
Por Oskar Viéitez |
-
Acción de "guerrilla" de Amizade contra os que aparcan "sobre os nosos dereitos"
Por Redacción |